Presentación

"O Pazo de Meirás" é un espazo na rede que ofrece información permanente sobre este patrimonio calificado como de Ben de Interese Cultural a través da publicación de NOVAS E ARTIGOS .

Nos menús situados na dereita da páxina podense consultar datos e documentos de interese sobre o Pazo, novas publicadas na prensa, videos, audios, entre outras cuestións de interese. Este espazo conta cunha interesante galería de imaxes.

UNHA VIAXE CRONOLÓXICA POLA HISTORIA DO PAZO DE MEIRÁS

Este espazo conta cronoloxicamente a historia do Pazo de Meirás. Para elo colgamos unha cronoloxía das cuestións máis relevantes (e non tanto) acontecidas alí, ou que tiveron relación con el ou coas persoas que tiveron unha viculación directa co Pazo.

A cronoloxía histórica iniciase no ano que unha casa señorial que existía anteriormente nese lugar fora destruida polas tropas francesas en 1809. Está dividida nas seguintes etapas diferenciadas:

A etapa de Emilia Pardo Bazán

Como feitos historicos máis relevantes, ademais do citado en 1809, recollense os seguintes:

1851 Nacemento de Emilia Pardo Bazán
1868 Voda de Emilia Pardo Bazán no Pazo de Meirás con José Quiroga
1870 Concesión polo papa Pio XII do título de condesa de Pardo Bazán en favor de Emilia
1876 Nacemento de Jaime, o primeiro fillo de Emilia Pardo Bazán
1893 Colocación da primeira pedra da construcción das Torres de Meirás
1896 Emilia Pardo Bazán solicita a baixa no padrón municipal de Sada para empadronarse en Madrid
1900 Na primera década deste século, rematan as obras de construcción do Pazo de Meirás.
1903 Aloxase no Pazo de Meirás Unamuno, convidado por Emilia Pardo Bazán
1905 Describese unha festa celebrada este ano no Pazo, como era constume celebrar anualmente o fin do verán. Emilia Pardo bazán pasaba todos os veráns no Pazo.
1906 Emilia Pardo Bazán é nomeada presidenta da sección literaria do Ateneo de Madrid
1907 Homenaxe a Concepción Arenal. Con este motivo celebrase unha comida no Pazo de Meirás.
1908 Describese unha comida no Pazo de Meirás.
1909 Documentase unha visita do marqués de Figueroa ao Pazo de Meirás.
1910 Documentase unha visita da prensa estranxeira ao Pazo e unha festa celebrada por Emilia Pardo Bazán neste. Voda no Pazo de Meirás da filla de Emila Pardo Bazán, Blanca Quiroga co coronel Cavalcanti.
1912 Documentase diferentes actividades no Pazo de Meirás. Producese a morte do marido de Emilia, Jose Quiroga.
1914  Documentase a estancia de Carlos Vidal, que pasará todos os veráns ininterrumpidamente con Emilia Pardo Bazán ate 1918. A resultas destas estancias no Pazo, Carlos Vidal escribe un libro onde se describe unha comida no Pazo.
1915 Falece a nai de Emilia Pardo Bazán. Casa o seu fillo Jaime con Esteban Collantes.
1916 Unha comisión municipal do Concello da Coruña homenaxea a Emila Pardo Bazán no Pazo de Meirás.
Neste ano inaugurase o monumento de Emilia pardo Bazán nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Emilia consigue o título de conde da Torre de Cela a favor do seu fillo Jaime.
1917 Conferencia de Emilia Pardo Bazán no Concello da Coruña sobre a arte en Galiza.
1920 Visita e descrpción desta, ao Pazo de Meirás do Infante de Vaviera.
1921 Falece Emilia Pardo Bazán
1923 Homenaxe na Coruña a Emilia Pardo Bazán e celebración dunha comida no Pazo de Meirás con ese motivo.
1926 Banquete no Pazo de Meirás dos condes da Torre de Cela que convidan a altos mandos do exercito.

1927 Aloxase no Pazo de Meirás o xeneral Millán Astray onde pasa unha temporada. Este mesmo ano os reis de España visitan o Pazo de Meirás.
1930 Visita ao Pazo de Meirás do principe Alfonso de Borbón.
1933 Jaime Quiroga, propietario do Pazo de Meirás vende unhas terras propiedade do Pazo, que vai provocar o levantamento dos labregos da parroquia.
1936 Morre Jaime Quiroga. A propiedade do Pazo pasa a máns da sua filla e dona.

O expolio do Pazo de Meirás

1937 e 1938 son os anos nos que se produce o expolio do Pazo de Meirás e de terras co fin de entregarlle estas propiedades ao ditador Franco


A etapa do ditador Franco

1939 Os Franco veñen a Meirás en dúas ocasións. En xuño para recoller honores de diferentes concellos da provincia e en setembro.
1940 Descripción da estancia dos Franco durante o mes de agosto no Pazo de Meirás.
1941 Estancia dos Franco no Pazo durante o mes de agosto, por terceiro verán consecutivo
1942 Estancia dos Franco durante xullo e agosto no Pazo. "Baño de masas" do ditador na Coruña.
1943 Estancia en dúas ocasións do ditador no Pazo de Meirás. A primeira no mes de abril para inaugurar a liña de ferrocarril entre Compostela e A Coruña, e a segunda no mes de agosto no que recibe no Pazo de Meirás ao embaixador inglés.
1944 Toma de posesión do ministro de exteriores no Pazo de Meirás. O ditador continúa recollendo honores das administracións franquistas. Neste ano recolle a medalla de ouro e fillo adoptivo de Sada, concello onde se ubica o Pazo de Meirás.
1945 Estancia dos Franco no Pazo de Meirás entre xullo e setembro. Inauguración en Vigo da avenida do generalisimo.
1946 Estancia dos Franco en Meirás entre agosto e setembro nun verán de moitas actividades do ditador en Galiza. Primer Consello de Ministros no Pazo, celebrandose un cada verán ate 1975.
1947 Estancia dos Franco no Pazo de Meirás durante o mes de setembro.
1948. Os Franco veranean no Pazo durante o mes de stembro
1949 Estancia dos Franco no Pazo de Meirás durante o mes de setembro. O rei de Xordania visita ao ditador no Pazo.
1950 Estancia dos Franco no Pazo de Meirás entre agosto e setembro. Inaugurado por Franco o hospital Teresa Herrera (hoxe materno infantil da Coruña). Visita do ditador Salazar a Franco no Pazo de Meirás.
1951 Estancia no Pazo de Meirás dos Franco entre agosto e setembro
1952 Estancia dos Franco no Pazo entre agosto e setembro. Inauguración en Sada do fogar falanxista e xuventudes polo ditador.
1953