A apertura do Pazo de Meirás; ante todo, non amolar aos Franco

O pasado venres 25 de marzo o Pazo de Meirás abría as portas para recibir aos primeiros visitantes. Unhas visitas que chegan tarde, moi tarde. Tres anos despois de que estas poideran realizarse debido á declaración das Torres de Meirás como Ben de Interese Cultural (BIC). Tres anos de pleitos e recursos dos Franco, actuais propietarios deste inmobel no que a Xunta do PP de Nuñez Feijoo estibo ao caron deles tentando evitar o inevitábel. O cumprimento da legalidade vixente.

Tras os pronunciamentos xudiciais que non deixaban dúbida algunha sobre se era legal a apertura pública do Pazo, a Xunta deseñou xunto aos Franco o xeito de defender os intereses desta familia, minimizando ao máximo o interese destas visitas.

Primeiro escollendo o día, os venres, un día laborabel que evitase maxivas solicitudes. Despois limitando a visita a só catro estancias, as que decidiron a propia familia Franco a pesar de que coa lei na man calquera dependencia en principio, e salvo xustificación (que non existe) pode ser visitada.

A Xunta decidiu que para visitar o Pazo, os cidadáns temos que facilitar previamente a unha empresa privada os nosos datos persoais ateavés dun correo elecgtrónico (visitas.pazomeiras@prosegur.com ) é esta quen decide a autorización para facelo.

A pesar delo, as demandas para visitar o Pazo están cubertas ate o verán. A pesar de que a Xunta segue a defender os intereses privados da familia Franco en detrimento dos intereses da cidadanía.

Videoblog do diario "La Voz de Galicia" sobre a apertura do Pazo de Meirás

No hay comentarios:

Publicar un comentario