O Pazo de Meirás e o estado de dereito

Non hai moito tempo moitas persoas saimos á rúa en defensa do xuiz Garzón. Non porque nos caera mellor ou peor nen na defensa da súa carreira xuridica. O fixemos na medida que estaba a ser vilmente atacado polos sectores máis conservadores da nosa sociedade por tentar xulgar crimenes e fechorías que supostamente o noso "estado de dereito" amañara a través dunha Lei de Amnistía redactada e aprobada no ano 1977 baixo a presión dos sables militares da época.

Non é compatibel un estado de dereito co esquecemento dos abusos dos xenocidadas. Non é compatibel se non se somete ao principio fundamental  de que os delitos, os abusos, os asesiñatos, as estorsións e a dor causada baixo ese tipo de reximes totalitarios xamais prescribe.

A democracia española e xa que logo, o seu estado de dereito, non pode xamais por en xustiza o inxusto, ou o que é o mesmo, as consecuencias do totalitarismo en esquecemento. Pois na medida en que o faga, deixará de ser un estado de dereito.

O xeito de como o Pazo de Meirás chega a mans dos Franco, o uso e abusos que fan del é un exemplo de actitudes totalitarias que non poden pasar ao esquecemento colectivo. E é tamén unha asisgnatura pendente da democracia española e do seu estado de dereito.

Hoxe sabemos que o Pazo de Meirás non foi un agasallo do pobo ao ditador, e consecuentemente, tampouco á sua familia. Sabemos que tras a mal chamada doazón esquecese sempre dicer houbo unha estorsión padecida baixo o tempo do terrror por miles de cidadáns.

O Pazo (ate aquel momento Torres) de Meirás, foi pagado co investimento de inxestes cantidades de fondos públicos da época (ao redor dos 2 millóns de pesetas da época) de xeito absolutamente ilegal e fraudulento. Derivando impostos públicos dos concellos da provincia da Coruña, facendo "caixa" a través de bonos que había que pagar á forza, descontando días de salarios ilegalamente a funcionarios, tomando terras de labregos a punta de fusil mentras vian como os seus lideres sindicais eran "paseados" . De como se espoliaba baixo o imperio do terror.,

Sabemos tamén como inxentes cantidades de diñeiro das "casas civil e militar do generalisimo", esto é de fondos públicos, foron investidas no Pazo de Meirás para mellor acomodo do ditador na súa "propiedade privada" nas súas estadías estivais, namentras centos de cidadáns eran conducidos á cadea provincial da Coruña polo gave delito de ter ideas diferentes.

Sabemos que nos 37 veráns que o ditador pasou no Pazo, espoliaronse obras de arte baixo estorsión, empregaronse funcionarios públicos para o uso privativo dos Franco, que se construiu un cuartel cheo de barracóns con fondos públicos en terreos privados do ditador que logo foron vendidos para urbanizar, que houbo un incendio provocado para espoliar obras de arte que ao día de hoxe segue sin esclarecerse, que se investiron anualmente inxentes cantidades de fondos públicos no amaño de estradas que conducían ao Pazo para maior comodidade do ditador, etc etc.

O debate sobre a necesidade de que o Pazo de Meirás pase a formar parte do patrimonio público no pode esquecer a historia do espolio. Non pode por en xustiza a inxustiza propondo enrriquecer - ainda máis - aos Franco.

Non é xusto que outra vez teñamos que asistir ao debate protagonizado hai xa trinta anos por o quen era daquela o Alcalde da Coruña Joaquín López Menendez, que no ano que Tejero tomaba a punta de pistola o Congreso dos Deputados, propuña a compra do Pazo de Meirás por 180 millóns da época co fin de albergar a sede do goberno galego e que levantara un lóxico rexeitamento no movemento asociativo coruñes. Non podemos voltar para atrás, como se os militares seguisen ameazando a democracia, esquecendo o que pasou e resolvendo o "caso Meirás" cun simple expedente administrativo de expropiación.

Non sería xusto, nin democratico, nin avaliaría o estado de dereito español como tal. Se cadra sería moito máis loxico, e desde logo máis racional nun estado de dereito, mirar para Arxentina ou Chile e de como estes paises resolveron democraticamente os seus problemas coas ditaduras, que como no caso español, tamén tiveron que padecer.

A apertura do Pazo de Meirás; ante todo, non amolar aos Franco

O pasado venres 25 de marzo o Pazo de Meirás abría as portas para recibir aos primeiros visitantes. Unhas visitas que chegan tarde, moi tarde. Tres anos despois de que estas poideran realizarse debido á declaración das Torres de Meirás como Ben de Interese Cultural (BIC). Tres anos de pleitos e recursos dos Franco, actuais propietarios deste inmobel no que a Xunta do PP de Nuñez Feijoo estibo ao caron deles tentando evitar o inevitábel. O cumprimento da legalidade vixente.

Tras os pronunciamentos xudiciais que non deixaban dúbida algunha sobre se era legal a apertura pública do Pazo, a Xunta deseñou xunto aos Franco o xeito de defender os intereses desta familia, minimizando ao máximo o interese destas visitas.

Primeiro escollendo o día, os venres, un día laborabel que evitase maxivas solicitudes. Despois limitando a visita a só catro estancias, as que decidiron a propia familia Franco a pesar de que coa lei na man calquera dependencia en principio, e salvo xustificación (que non existe) pode ser visitada.

A Xunta decidiu que para visitar o Pazo, os cidadáns temos que facilitar previamente a unha empresa privada os nosos datos persoais ateavés dun correo elecgtrónico (visitas.pazomeiras@prosegur.com ) é esta quen decide a autorización para facelo.

A pesar delo, as demandas para visitar o Pazo están cubertas ate o verán. A pesar de que a Xunta segue a defender os intereses privados da familia Franco en detrimento dos intereses da cidadanía.

Videoblog do diario "La Voz de Galicia" sobre a apertura do Pazo de Meirás